
II EDICIÓN
FEIRA DOS ANIMAIS DE COMPAÑÍA E TURISMO PET FRIENDLY
EXPOCoruña
18-19 abril 2026
patapata_org


EXPOCoruña, 18 – 19 de abril
O gran encontro dos animais de compañía en Galicia
A Feira Pata Pata 2026 regresa con máis forza, consolidándose como o gran encontro galego dedicado ao mundo animal. Nesta nova edición, a feira pon o foco no turismo pet friendly.
Ademais da súa ampla área expositiva, Pata Pata ofrecerá exhibicións, formacións e actividades familiares, converténdose nun espazo de innovación e colaboración arredor do benestar animal, a tenencia responsable e as oportunidades de emprendemento neste ámbito.Galicia, coa súa riqueza natural, cultural e gastronómica, conta cun enorme potencial para ser un destino de referencia para viaxeiros acompañados polos seus animais, e por iso a programación incluirá mesas técnicas e casos de éxito sobre hoteis, establecementos e servizos que están a innovar para acoller mellor a este público.
Obxectivos
PATA PATA é a primeira feira galega dedicada en exclusiva aos animais de compañía cun enfoque integral. Un espazo único para coñecer as últimas tendencias, participar en actividades, descubrir servizos especializados e gozar en familia dun evento innovador e educativo:
- Crear un escaparate dinámico das novidades en produtos, servizos e tecnoloxías do sector.
- Converter a feira nun lugar de encontro aberto, participativo e inclusivo para todas as idades.
- Apoiar ás empresas e profesionais, favorecendo o networking e novas oportunidades de negocio.
- Promover a tenza responsable, a adopción e o benestar dos animais de compañía.

Actividades
Exposicións Internacionais Felinas
Sábado 18 e Domingo 19 de abril
Espazo Felino, sábado e domingo
ASFE. Asociación Felina Española
Concurso Pata Pata de beleza canina
Domingo 19 de abril
Pista central. Domingo
Sociedade Canina Galega
Actividades infantís
Horario contínuo sábado 18 e domingo 19
CoidAmigo, O xogo da tenza responsable, Árbore das mensaxes. Marcapáxinas con pegada. Zona infantil, sábado e domingo
ACTIVIDADES CON INSCRICIÓN PREVIA
Formularios de inscripción:
Encontro fotográfico Fotowalk Pata Pata 2026
20 trucos para educar ao teu can. Demostración práctica aberta.
Mascotada infantil Tiendanimal.
Can Talent. Porqué o teu can é o mellor? Xurado non profesional. Montegatto.

Entradas

Compartes a túa vida cun animal de compañía? Convidámoste ao Festival PATA PATA. Un evento familiar, accesible e para todas as idades, onde podes vir co teu inseparable acompañante e mergullarte nunha fin de semana chea de diversión, educación e cultura.
Se asistes en compañía do teu animal teremos puntos de alimentación e hidratación e espazos adecuados para eles, zona calma, e por se fai falta contaremos permanentemente coa presenza dun equipo veterinario.
Entradas: 6 € / día
Infantil (4 a 12 anos) 3 €. Menores (-4 anos) gratuita
Horario da feira: sábado e domingo de 10 h a 20 h
Expositores
Traballas no sector dos animais de compañía? Queres dar a coñecer os teus servizos e produtos? Rexistrarse agora como Expositor!
Participa activamente no noso evento, establecendo valiosos vínculos cos teus clientes adquirindo unha comprensión directa das súas necesidades e preocupacións. Descubre as distintas oportunidades de colaboración con outros profesionais e empresas do sector, mergúllate nun amplo programa de actividades onde poderás participar e destacar a túa marca, produto ou servizo. Achégate a unha comunidade con ganas de descubrir tendencias e novidades, busca sinerxías con outros profesionais e empresas do sector e comparte o teu coñecemento patrocinando a túa propia actividade. Únete a PATA PATA para ser parte desta experiencia.
Benefíciate dos descontos especiais por reserva anticipada de stands.
EXPOCoruña é un espazo multiusos, único, flexible e polivalente, con 70.000 visitantes só no primeiro semestre deste ano é un verdadeiro escaparate de Galicia.
O seu Atrio é o espazo ideal para acoller grandes eventos como PATA PATA, con deseño industrial e totalmente diáfano. Cunha área expositiva de 5.400 m2 e nun enclave privilexiado, en plena zona de negocios, con hoteis e servizos, perfectamente conectado co seu patrimonio histórico, cultural e gastronómico.

INFORMACIÓN SOBRE DATOS PERSOAIS
Responsable: OUVIRMOS (B15895626).
Finalidade: (i) Contactar con vostede para enviarlle información sobre a feira do seu interese, ou (ii) se é o caso, emitir unha cotización baseada na información que nos proporcione. Lexitimación: consentimento e relación precontractual (art. 6.1. a e b RGPD). Destinatarios: Os seus datos non serán comunicados a terceiros, salvo petición expresa das autoridades públicas ou por imperativo legal. Exercicio dos Dereitos: dirixindo comunicación a R. Ramón Piñeiro Nº 10 – 1ºb 32001 – (Ourense), ou por correo electrónico a “ouvir@ouvirmos.com” indicando no asunto: “Exercicio dos dereitos”, e incluíndo o seu nome e número. DNI Podes obter a protección da AEPD a través da súa páxina web (www.aepd.es) e consultar a nosa política de privacidade en https://pata-pata.org/
Como Chegar
EXPOCoruña
Rúa Juana Capdevielle, 2, 15008 A Coruña
En coche
Por estrada, existen tres grandes arterias sen necesidade de entrar na cidade.
- Autopista AP9: conecta A Coruña coas cidades de Ferrol, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e a fronteira portuguesa.
- Autopista de Carballo: conecta A Coruña con Fisterra.
- Autovía A6: conecta A Coruña con Madrid
En avión
O aeroporto de Alvedro (A Coruña) está situado a 8 km de EXPOCoruña
O aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro está situado a 65 km da cidade da Coruña
Páxina web: www.aena.es
En autobús
A liña L5 conecta EXPOCoruña co centro da cidade.
Páxina web: www.tranviascoruna.com/gl/
En tren
A estación de tren da Coruña está a 2 km e conectada con EXPOCoruña a través da L5 de autobuses urbanos
Páxina web: www.renfe.es
Contacto
comunicacion@pata-pata.org
+34 614 050 325










































