
Xiana Costas Etoloxía
Diagnose, tratamento e prevención dos problemas emocionais dos animais. Formacións grupais e consultas individuais para comprender a orixe emocional da súa conducta.
Camiño Romeo, 7. 36312 Vigo
www.etoloxia.vet

Haciendo el galgo
Máis que unha tenda, unha marca con valores de accesorios para cans e os seus humanos. Comprometida coa importancia da adopción de cans, o animalismo ou a vida camper, o 10% dos seus beneficios van para unha protectora, un refuxio ou un santuario de animais.

Moondog
Marca canaria dedicada ao deseño e creación de accesorios para cans combinando estilo, comodidade e calidade. Produtos que melloran o benestar das mascotas e reflicten o amor e coidado dos seus donos, sempre cun enfoque moderno e exclusivo.
C/ Los Papagayos, 20 Teguise, Las Palmas
www.hellomoondog.com / @hellomoondog

Animaneko
Asociación protectora de animais. Venda de produtos solidarios co obxectivo de recadar fondos para os animais rescatados.
Grupo Nuestra Señora del Carmen 3, 1º izq, Xixón
@animaneko.apa

Migu Mascotas
Tenda online de alimentación e complementos para as nosas mascotas onde nos gusta todo o que está feito a man.

Rescue Galicia
Asociación de rescate e protección animal enfocada a cans de razas catalogadas como potencialmene perigosas. Refuxio e traballo cos animais para solucionar problemas de conducta.
Estrada Porriño – Gondomar, 91(km 6) 36419 Cela, Mos
@rescuegalicia


GaliPet
Alimentación natural, accesorios, alimentación, hixiene, seguridade e todo para a mascota.
Rúa Pascual Veiga, 9 Oleiros (A Coruña)
@galipetcoruna

Misco-Midas Food Truck



Mivet
Rede de clínicas e hospitais veterinarios con máis de 450 empregados movidos pola paixón e dedicación aos animais e ao seu benestar. Na Coruña poderás atopar o teu centro veterinario máis cercano no Hospital Mivet Atlántico e as clínicas veterinarias Mivet Lúa e Mivet del Sol.

APACA
Asociación protectora de animais e de promoción dun Camiño de Santiago máis ético e respectuoso con todos os seres.
Lugar de Sebe, 84 Teo (A Coruña) www.paradoxahumana.com

Xuntos As Mariñas
Asociación protectora de animais que se adica ao control das colonias felinas. No noso posto solidario podes atopar bolsos, xoiería, bisutería, calcetíns… Todo o recadado é para poder realizar os nosos proxectos.
Lugar O Casal 5B – Ouces, Bergondo (A Coruña) @xuntos_asmarinas | FB Xuntos As Mariñas

Natural Greatness
Máis que unha marca de alimentos, unha forma de entender a nutrición dende un punto de vista natural.
O noso amor cara os animais levounos a explorar os hábitos alimenticios de lobos e linces, ancestros directos do can e o gato, co obxectivo de implementar as súas dietas ás nosas receitas, garantindo unha alimentación 100% natural.

Cruz de Calatrava
Educación canina e formación de adestradores profesionais. Perruquería, tenda de alimentación, freshfood e complementos. Servizo de gardería de día con recollida e entrega.
Rúa Folgueira s/n, Santa María de Vigo, Cambre (A Coruña) | www.cruzdecalatrava.eu

Alfonso Maseda – Fotografía
Fotógrafo de mascotas especializado no mundo canino, priorizando a realización de fotos en exteriores.

Guau que Miau
Complementos e xoias personalizadas de peludos e chapiñas identificativas para eles. Todo feito a man, sen moldes e empregando arxila polimérica como materia prima.

Pet Jewel
Marca portuguesa de xoiería de inspiración animal que nace do desexo de mostrar a importancia dos animais nas nosas vidas. Sexa cal sexa a especie do teu compañeiro, será inmortalizado polas nosas pezas de xoiería! Amor en formato xoia para que poidas levar sempre contigo ao teu mellor amigo.

Grupo Goya Vets
Centro Veterinario
Clínica Veterinaria Gaia – R/ María Puga Cerdido, 9, A Coruña
Consultorio Veterinario Low Cost – Ronda de Nelle, 81, A Coruña
Centro Veterinario Hércules – R/ San Andrés, 138, A Coruña
Clínica Veterinaria Ópera – R/ Nicaragua, 10, A Coruña

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

CaponeTheDog
Dende Lugo deseñamos, personalizamos e elaboramos a man os nosos produtos partindo de materiais en branco, sempre coa mellor calidade e con patróns propios para que se axusten á perfercción ao corpo de calquera peludo.
Tamén pensamos en nós os humanos e facemos accesorios únicos e prácticos para o noso día a día.

Unleash the Fashion
A autenticidade está-nos no sangue. Criamos acessórios para animais de estimação únicos, exclusivos e altamente diferenciadores, desde 2014. Celebramos a individualidade, a audácia em ser diferente. Seja com classe, excentricidade ou ambos.


Meloki Pet
A Meloki Pet distingue-se porque o Amor pelos patudos e a Arte andam sempre de mãos dadas! Primamos pelo conforto, segurança e cada peça mostra o quão único é o seu pet. Aqui não há passeios aborrecidos!

Cocoloco
COCOLOCO é unha marca galega de accesorios para mascotas que pretende transmitir os valores que tiña o noso can Coco: fidelidade, lealdade, diversión e un toque de loucura.
Se queres que o teu can sexa o rei do parque, sen dúbida Cocoloco será a túa marca de accesorios favorita.

Canine Mera Club
Hotel e gardería canina ubicado en Mera, A Coruña. Ofrece aloxamento en cuartos individuiais ou compartidos, atención e vixiancia as 24 h e amplos patios de recreo supervisados. Ademais conta con gardería diurna con recollida a domicilio, servizo de transporte, piscina para cans e acceso a cámaras en directo para que os propietarios poidan supervisar ás súas mascotas en todo momento.

Full Belly
Full Belly naceu coa misión de democratizar o acceso dos animais de compañía á alimentación natural, garantindo a comodidade para os seus titores.
Deseñamos receitas 100% naturais, nutritivas e deshidratadas que só precisan dun pouco de auga morna e uns segundos para estaren listas, facendo que o proceso sexa rápido e sinxelo.

Club Raza Can de Palleiro
O Club Raza Can de Palleiro leva dende o ano 2022 colaborando coa Xunta de Galicia na recuperación da raza autóctona en perigo de extinción do Can de Palleiro.


Galimascota
Galimascota S.L pon á túa disposición as súas modernas instalacións e ampla experiencia no sector para que poidas despedir á túa mascota do xeito que merece, ofrecendo todas as comodidades e atención personalizada.
Realizamos incineracións individuais para dar servizo a aquelas persoas que desexan recuperar as cinzas do seu querido amigo/a dándolle así unha máis que merecida homenaxe.

Pajé Snoods
A Pajé surgiu em 2020 com uma necessidade familiar de proteger as orelhas do nosso Cocker Spaniel: o Pajé. E foi aqui que nasceu o nosso primeiro e principal produto: o Snood.
A vibe das nossas coleções é a da alma vibrante e tropical do Pajé, chefe das comunidades indígenas da América Latina. Acessórios únicos, genuínos e exclusivos de qualidade excecional.


Gali+cotas Nutrición animal
Espazo onde atopar todo o que precisas para o teu peludo, complementos, alimentación, snacks 100% naturais, cosmética natural e cruelty free… Tamén somos expertos en alimentación natural (BARF e cociñado) e fomentamos a educación amable e respectuosa.

Ericas Pet Toys
A marca Ericas dedícase á produción de xoguetes naturais duradeiros elaborados a partir de raíces de breixo procedentes da rexión da Serra do Açor e extraídas de xeito seleccionado e sostible.
Cada xoguete é unico porque está feito a man por artesáns con moito amor empregando técnicas manuais que priorizan a calidade e a seguridade pensando no interese dos nosos compañeiros de catro patas.

La Perla Family
Somos unha asociación familiar que intentamos axudar aos gatiños a teren unha vida digna.


Veterinaria Vilaboa
En Veterinaria Vilaboa atoparás unha clínica veterinaria con máis de dúas décadas de experiencia no sector. O noso obxectivo principal é o de coidar ás túas mascotas coma se fosen nosas, ofrecendo sempre un servizo cercano e de calidade. Nos nosos centro veterinarios en Culleredo e A Coruña encontrarás profesionais expertos nas diferentes especialidades.

Tiendanimal

Purina
Compañía de alimentación para mascotas. Ocupámonos da saúde e benestar dos cans e gatos a través da alimentación conseguindo unha nutrición completa e equilibrada en todas as etapas da vida, tanto en gamas fisiolóxicas como en dietas veterinarias para diversas patoloxías.

Ownat
Somos unha cooperativa moi arraigada ao noso territorio e dos seus campos e granxas proveñen a maioría dos ingredientes dos nosos produtos de alimentación natural para cans e gatos.
Ownat é o reflexo dos nosos valores e estamos comprometidos en ofrecerche a nutrición máis honesta, avanzada, saudable e responsable para os teus animais de compañía.

Lar do Belelle
Lar do Belelle é unha residencia canina baseada no benestar, con atención persoalizada 24/7. O centro dispón dun servizo de Medicina do Comportamento, do que é responsable a veterinaria especialista Noemí Graña acreditada por AVEPA en Medicina do Comportamento, certificada pola Organización Colexial Veterinaria na mesma especiealidade e Gp-Cert Animal Behavior.

Disgalsur
Disgalsur é unha empresa familiar con máis de 25 anos de experiencia como distribuidor de produtos para mascotas. Somos distribuidores das mellores marcas de alimentación, hixiene, saúde e accesorios para cans e gatos.

Bico de Xeado
Xeado artesanal galego, elaborado co leite das nosas propias granxas. Sen glute.


The Only Fresh Company
Venda de alimentación natural e accesorios para cans e gatos.

Nanitos Clan
Accesorios a medida totalmente artesanais para cans. Colares, arneses, correas, abrigos, gabardinas, etc. Complementos para titores que combinan cos accesorios dos cans. Cintos, pulseiras, colares, bolsos, paxariñas, chaveiros…

Sweet de Meix
Caniches toy, mediano e xigante: cría selectiva, legal e responsable núcleo zoolóxico 27/007/0004/CC.
Tel. +34 654 30 92 55

Peluquería Cachorros
Centro de estética con servizo completo de hixiene, ozonoterapia e cosmética para mascotas. Especialidade en coidado e corte do manto en caniches.
Ponte da Pasaxe, 31 (A Coruña)

Calma Canina
Calma Canina é a única perruquería canina de baixo estrés na Coruña, especilaizada no benestar integral de cada can. Coa miña certificación Low Stress Handling®️Silver, ofrezo unha experiencia única enfocada nos seu equilibrio. Servizos: corte, deslanado, stripping e asesoramento personalizado, sempre co obxectivo de que o teu can saia guapísimo e, o máis importante, tranquilo de cada sesión.
Rúa Arquitecto Rey Pedreira, 6 A Coruña | @caninacalma

Arion
Fabricación e comercialización de alimentos para mascotas coas marcas ARION e OCEAN.

Somos Pet Friendly
Somos unha asociación con sede na Coruña e traballamos aportando a nosa pata polo benestar de persoas e animais, unha convivencia respectuosa e harmoniosa e a prevención do maltrato e o abandono.

Ribero
Ribero Productor Agrícola especialízase na produción de alimentación 100% natural para coellos e roedores. Con máis de 45 anos de experiencia, cultiva e selecciona feo de alta calidade, colleitado no momento óptimo e secado ao sol para conservar o seu sabor, aroma e nutrintes. O seu proceso garante trazabilidade e exclusividade no mercado, ofrecendo produtos saudables e nutritivos que favorecen o crecemento e benestar de coellos e roedores.

Parafina Cocktail Bar
Servizo de bar e coctelería.
Rúa Orzán, 127 A Coruña

Cancoruña Asociación Canina
Educación, tenza responsable e integración cívica do can.

Tic4Pets
Software para familias multiespecie, xestión de asociacións refuxios de animais e colonias felinas.
R/ Fontaíñas, 56 (Ferrol) | www.tic4pets.es

Bravery & Amity – Veterlucus
Fabricante de alimentación saca e húmeda, marcas que comercializamos: bravery e amity premium e super premium.
www.alinatur.es | www.braverypetfood.com | www.amitypetfood.com | @amitypetfoods

Colegio Oficial Veterinarios A Coruña
Información e divulgación das reivindicacións dos veterinarios trala aplicación do RD666/2023 o pasado 2 de xaneiro e normativa autonómica pola que nos vemos afectados.

ACBA
ACBA é a rede de profesionais que non cre en mitos nin en solucións de cuñado. Enfocámonos en veterinaria, educación e asesoramento legal e fauna e flora para que profesionais e titores de animais teñan ferramentas fundamentadas na ciencia e a experiencia práctica. Formamos a expertos, desmontamos o que non funciona e aportamos solucións claras e aplicables, impactando positivamente no benestar dos animais e os seus titores.

Cousas de Cans
Cousas de cans é a tenda online de venta de larpeiradas para cans. A tenda física está ubicada en Padrón, é unha pelu canina. Chámase Vaia Pelos

Rekunchos
Somos a primeira axencia de viaxes especializada en turismo pet-friendly en Glaicia. Organizamos escapadas e actividades pensadas para ti e máis para o teu can, nas que eles son os verdadeiros protagonistas.
Deseñamos cada experiencia con mimo, para que poidades gozar xuntos de rutas culturais, natureza, adegas, aldeas con encanto… sempre co máximo respecto pola contorna e apostando polo turismo local galego.

El Desván del Gato
Tenda de temática gaturna, con produtos para humanos e gatetes. No noso desván podes atopar dende papelaría, artigos de decoración, cociña, moda… ata xoguetes para os peludos da casa. Se es catlover, o noso recuncho fará ronronear o teu corazón.

A Estrela Canina
Pastelaría canina e felina.

Doméstika Veterinaria
Servizo veterinario a domicilio para atender ao teu can ou gato no seu entorno, sen présa e sen estrés, e atendido por profesional con máis de 25 anos de experiencia.
Consulta canina e felina, dermatoloxía, análises clínicas, vacinacións, microchips, documentos oficiais e outros servizos.

Guardia Civil
O noso traballo consiste en protexer a seguridade cidadá na demarcación que temos asignada, que abrangue o 85% do territorio nacional, e para o que contamos con 21 especialidades.

Rof Codina
A fundación nace cunha triple orientación: docente, investigadora e asistencial, cunha vocación de servizo á sociedade. Sendo a súa principal misión o apoio permanente á docencia impartida na Facultade de Veterinaria de Lugo. Para conseguir os seus obxectivos a Fundación Rof Codina xestiona dous centros: o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina e o Centro de Biomedicina & Veterinario (CEBIOVET).

Happy Meow | Fofos
A marca Happy Meow está especializada en area para gatos de alta calidade, destacando pola súa composición natural e ecolóxica. O seu produto principal, a aera de tofu, está fabricado a partir de fibra de chícharo 100% natural, sen a adición de produtos químicos nocivos.
A marca FOFOS ofrece unha ampla gama de produtos para mascotas, incluíndo xoguetes, camas, accesorios de hixiene e transporte.


Ferrolterra
Proposta turística para que as familias con mascota poidan gozar de tempo de calidade, no máis amplo dos sentidos, a través dun turismo slow que lles permita conectar de maneira consciente e responsable coa esencia do noso gran patrimonio natural e tradicións locais da nosa terra.
www.ferrolterra.petfriendly.gal | @turismo_ferrolterra | @turismoferrolterra

Concello da Coruña

