Pata Pata 2025

FEIRA DOS ANIMAIS DE COMPAÑÍA E TURISMO PET-FRIENDLY

EXPOCoruña
10-11 maio 2025

patapata_org

EXPOCoruña, 10 – 11 de maio

VIDEO RESUMO EDICIÓN 2025

PATA PATA é a primeira feira de animais de compañía en Galicia cun enfoque integral, deseñada para ser o punto de encontro dos amantes dos animais e profesionais do sector. Cunha oferta diversa de produtos, servizos, actividades, e unha clara vocación educativa e innovadora, PATA PATA aspira a convertirse no evento de referencia no noroeste peninsular e acadar os seguintes obxectivos:

  • Proporcionar un escaparate para mostrar e descubrir as últimas tendencias, produtos, políticas públicas e servizos especializados.
  • Apoiar o desenvolvemento do tecido empresarial.
  • Promover a concienciación sobre a tenencia responsable dos animais de compañía.

Actividades

Expositores

Traballas no sector dos animais de compañía? Queres dar a coñecer os teus servizos e produtos? Rexistrarse agora como Expositor!

Participa activamente no noso evento, establecendo valiosos vínculos cos teus clientes adquirindo unha comprensión directa das súas necesidades e preocupacións. Descubre as distintas oportunidades de colaboración con outros profesionais e empresas do sector, mergúllate nun amplo programa de actividades onde poderás participar e destacar a túa marca, produto ou servizo. Achégate a unha comunidade con ganas de descubrir tendencias e novidades, busca sinerxías con outros profesionais e empresas do sector e comparte o teu coñecemento patrocinando a túa propia actividade. Únete a PATA PATA para ser parte desta experiencia.

Benefíciate dos descontos especiais por reserva anticipada de stands.

Pechado o prazo de inscrición para expositores

EXPOCoruña é un espazo multiusos, único, flexible e polivalente, con 70.000 visitantes só no primeiro semestre deste ano é un verdadeiro escaparate de Galicia.

O seu Atrio é o espazo ideal para acoller grandes eventos como PATA PATA, con deseño industrial e totalmente diáfano. Cunha área expositiva de 5.400 m2 e nun enclave privilexiado, en plena zona de negocios, con hoteis e servizos, perfectamente conectado co seu patrimonio histórico, cultural e gastronómico.

INFORMACIÓN SOBRE DATOS PERSOAIS
Responsable: OUVIRMOS (B15895626).
Finalidade: (i) Contactar con vostede para enviarlle información sobre a feira do seu interese, ou (ii) se é o caso, emitir unha cotización baseada na información que nos proporcione. Lexitimación: consentimento e relación precontractual (art. 6.1. a e b RGPD). Destinatarios: Os seus datos non serán comunicados a terceiros, salvo petición expresa das autoridades públicas ou por imperativo legal. Exercicio dos Dereitos: dirixindo comunicación a R. Ramón Piñeiro Nº 10 – 1ºb 32001 – (Ourense), ou por correo electrónico a “ouvir@ouvirmos.com” indicando no asunto: “Exercicio dos dereitos”, e incluíndo o seu nome e número. DNI Podes obter a protección da AEPD a través da súa páxina web (www.aepd.es) e consultar a nosa política de privacidade en https://pata-pata.org/

Patrocinadores

Ser patrocinador da feira PATA PATA é unha oportunidade única para posicionarte como líder en innovación e responsabilidade. Reforzarás a imaxe da túa marca, mostrando o teu compromiso con iniciativas que promoven novos focos de negocio. Ademais, conseguirás visibilidade antes, durante e despois do evento, gañando credibilidade mentres conectas directamente co teu público a través de accións deseñadas á túa medida.

Obterás unha repercusión destacada nos medios de comunicación e na sociedade, ampliando a presenza da túa marca e favorecendo o crecemento do teu negocio.

Para explorar opcións de colaboración e apoiar o noso evento, por favor, envía un correo electrónico a comunicacion@pata-pata.org